Foros de Debate de Sargadelos no Voar. Rodrigo Rato
Este sábado tivo lugar a intervención de Rodrigo Rato nos Foros de Debate de Sargadelos no Voar. Unhas cen persoas atendemos á charla de media hora seguida dunha quenda de preguntas de outra hora, onde se viu apoiado un certo sentido de liberalismo.
Unha nota curiosa na presentación (feita por Lois Caeiro) indicou que non era o momento de chamar a atención sobre certos feitos que salpican a vida e actuacións de Rodrigo Rato, o que foi seguido, de xeito educado polo público.
A charla estivo baseada na confrontación entre 'democracia liberal' e 'ditadura' a secas, sen adxectivo, tras nun comezo dicir que non lle correspondía o de 'liberal', e sempre dende unha perspectiva economicista. Entre outras cousas, desgranou as bondades e características desa democracia, axustándolle a protección social ou o liberdade de crítica. Isto deume pé a que, na penúltima pregunta realizada, lle preguntase o que opinaba da deriva cara a unha 'liberal ditadura' en occidente, o que obviou facendo incomprensión da cuestión e falando da UE e Hungría, pero non da lei mordaza ou de Trump e Bolsonaro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario