O CONCELLO DE RIBADEO E O NOME DA RÍA
Aínda que poida semellar estraño para algúns lectores, o Concello de Ribadeo, presidido polo BNG, leva mais de 15 anos promovendo a denominación “Ría del Eo” ou poñéndose de costas as manobras políticas dos gobernos asturianos para facerse o paladín da “Ría de Ribadeo" nos últimos meses. Imos pasar revista ás hemerotecas e documentos públicos.
A construcción do mantra identitario da “Ría del Eo” non ven da semana pasada, pero tomaremos como referencia o mes de Abril de 2006, porque a partir desas datas é cando se pode apreciar a decisión política do goberno de D. Vicente Areces (qepd) de sustituir no Nomenclator Xeográfico Español a denominación “Ría de Ribadeo” pola alternativa “Ría del Eo”. O primeiro paso foi a declaración do político devandito en Tapia de Casariego segundo a cal era a “Ría del Eo” “desde la escuela”. O seguinte foi a presentación en Vegadeo, o día 6 de Abril, de Carlos Madera, Director Xeral de Cultura, para anunciar a creación de unha comisión de “expertos” que estudiarían cal era o nome correcto da ría, si “del Eo” o “de Ribadeo” ainda que xa se decantaba sen ambaxes e declaraba que o nome correcto era “del Eo”, ou sexa a conclusión xa estaba dictada antes de comezar a investigación. Constituída a comisión, os seus traballos foron publicados pola Consellería de Cultura en maio de 2007 nun folleto de 57 páxinas que leva por titulo “Ría del Eo. Informe y conclusiois” (en galego de Asturias). Nese folleto, que xa temos comentado repetidamente neste medio e no blog “Ribadeando” de Antonio Gregorio, aparecen tres artigos e dous apéndices que carecen do máis mínimo rigor historiográfico e cartográfico, así como tres simulacros de enquisas que non son senón entrevistas dirixidas a 87 veciñ@s de algúns concellos da bisbarra galaicoasturiana (0,11 % de 70 000 hab) das que se tira a conclusión de que a denominación “Ría del Eo” é maioritaria no occidente de Asturias e ten unha antigüidade semellante á “Ría de Ribadeo”. Da pobreza documental destes “informes” so lembraremos que pasa por alto as obras de Pedro de Teixeira, o coengo Molina e outros materiais dos séculos XVI e XVII. Pois ben, tras unha ampla difusión, estes informes serviron de base para que o goberno asturiano promovese a proposta diante da CENG de que a denominación oficial fose substituida pola “Ría del Eo”. Como é sabido a CENG rexeitou a proposta no pleno do día 8 de marzo de 2008. Aquí hai que suliñar dous puntos. Primeiro: a iniciativa do goberno asturiano foi unilateral e polo tanto belicosa. Segundo: o concello de Ribadeo e o BNG non tiveron nada que decir ao longo de este proceso e da longa campaña mediática do goberno arecista.
A segunda xogada na que o goberno municipal de Ribadeo xa tomou partido pola normalización da “Ría del Eo” foi a publicación do libro “La Ría del Eo Naturaleza entre dos aguas” en versión castelá e “A Ría de Ribadeo Natureza entre dúas augas” en versión galega. Este libriño publicado en maio de 2009 e presentado polo Sr. Alcalde de Ribadeo nas escaleiras do concello o día 18 do mesmo mes, foi promovido pola Asociación Puente de los Santos, da cal era presidente o Sr. Alcalde de Castropol e secretario o Sr. Alcalde de Ribadeo. Pois ben, na páxina once das dúas edicións figura o seguinte texto: “o mar penetrase separando Asturias (onde se coñece como “Ría del Eo”), de Galiza (chamada alí Ría de Ribadeo)”. Ou sexa, na versión castelá utiliza sempre a denominación “Ría del Eo”, mentras que na versión galega utiliza ambas denominacións, pero debe suliñarse que na páxina devandita, nas dúas edicions, deixa moi claro que ambos toponímicos son equivalentes e ahí quedou esa mensaxe, avaliada polo concello de Ribadeo, para os escolantes e profesores que o quixesen consultar ao longo de todos estes anos e os que veñan. Polo demais, a sé oficial da Asociación Puente de los Santos está no concello de Ribadeo. Cómpre suliñar que o libro que comentamos foi editado un ano despois do acordo anteriormente citado da CENG que establecía como único nome oficial a “Ría de Ribadeo”, acordo de obligado cumprimento por todas as administracions públicas do estado español.
A terceira operación estratéxica para normalizar en documentos oficiais a fórmula “Ría del Eo”, tamén ca participación activa do concello de Ribadeo, atópase nos informes fundacionais da Reserva da Biosfera “Eo, Oscos e terras de Burón”. Nestes materiais, que se comezaron a elaborar no 2007 e foron aprobados definitivamente no 2013, figura 17 veces a denominación “Ría del Eo” e unha vez a “Ria del Eo ou Ribadeo”. Pouco que comentar agás que o concello de Ribadeo é o maior da Reserva da Biosfera. Naturalmente eses documentos oficiais validados polo concello de Ribadeo subsisten en todos os organismos autonómicos, estatais e europeos relacionados ca Reserva da Biosfera.
A estes casos habería que sumar as numerosas exposicións de fotografías, cadros e outros elementos artísticos presentadas ao público na oficina de turismo do concello de Ribadeo ao longo de estes anos, nas que aparecía un día si e outro tamén a denominación “Ría del Eo” sen que as autoridades municipais puxesen a mais mínima obxección. Habida conta de que esas exposicións foron visitadas por centos ou miles de persoas resulta obvio que a denominación devandita foise extendendo entre visitantes tanto españois como extranxeiros e considerada a fórmula correcta baixo o patrocinio do noso concello.
Habería moitos mais exemplos, pero só imos lembrar un cartel instalado pola Xunta de Galicia na escollera hai mais de 10 anos e denunciado repetidamente polo asinante. Ahí sigue estando para quen o queira visitar. Neste caso non figura a denominación “Ría del Eo”, pero o nome legal ata a semana pasada “Ría de Ribadeo” está suplantado pola fórmula “Rio Eo”. Ninguén do concello o viu nen tivo nada que decir
Chegando aos tempos mis recentes o dia 27 de Novembro de 2019 o Partido Popular presentou unha moción no Parlamento Asturiano que foi aprobada por unanimidade, na que se propoñía que o goberno autonómico estudase os documentos que avaliasen a denominación “inmemorial” da “Ría del Eo”. A Dirección Xeral de Politica Llingüística do Principado emitiu o correspondente informe en Abril de 2021, e neses 17 meses o concello de Ribadeo abstívose de opinar ou informar sobre a cuestión, ainda que as actas do pleno aprobatorio asoleian infinidade de falsedades e erros flagrantes nas distintas intervencións. Finalmente cando a operación política estaba practicamente rematada, o Sr. Alcalde de Ribadeo tomou a palabra para declarar que agora non está de acordo ca “Ría del Eo” e decidiuse a participar no expediente administrativo a título puramente testimonial. Testimonial e mediático por suposto.
Esta é, de xeito moi resumido, a inestimable colaboración do BNG e do goberno municipal de Ribadeo nos últimos 15 anos para dar todo tipo de facilidades ao antigo proxecto de sustituir un toponímico recoñecido mundialmente por unha alternativa incorrecta dende o punto de vista xeolóxico e cartográfico, convertida en unha bandeira identitaria por intereses sectarios e partidistas. Pero sería inxusto esquecerse agora do papel subsidiario do PP e do PSOE que tamén calaron como afogados todos estes anos e agora defenden unha cousa e a contraria a 800 metros de distancia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario