Índice de renovación de candidaturas municipais en Vilalba
Aproxímanse as eleccións. Partidos e grupos afían as súas armas, entre as que está o programa, algo que se supón que se tentará cumprir pero do que o electorado é consciente que é moi probable que non se cumpra, ben porque queden moitas cousas do programa por facer, ben porque no caso dalgunhas se faga o contrario do programado. En base a ese programa, téntase facer propaganda en positivo ou ó revés, en negativo argumentando o mal que o fixo quen no é un, ou o que non fará (do programa presentado por un mesmo). Tamén están as acusacións de corrupción, etc. Ou sexa, contemplado así, en conxunto, a época preelectoral ten un aspecto de ataque, en negativo, con poucos máis asideiros reais para a cidadanía que a suposta simpatía (simpatía despregada para a ocasión) de cada candidato, e en xeral, das 'sensacións' que ten do conxunto de candidaturas, por detalles en principio tan alleos ó goberno como a beleza de candidatos e candidatas ou o saber enganar mellor.
É cousa pois de procurar outros indicativos que nos indiquen algún dato máis que nos permite tentar axustar algo mellor a nosa decisión. Un deses datos é a renovación da candidatura, de cada unha das candidaturas. Parece lóxico pensar que unha candidatura debera xuntar algo de continuidade, co que significa de experiencia, con algo de renovación, co que significa de ideas e ímpetos novos. Pode facerse de diversos xeitos. En probas teño o seguinte 'Índice de Renovación de Candidaturas', IRC, cun cálculo doado: puntúase cada posto dende o 18 (cabeza de lista) a 1 (último posto non suplente), collendo 0 se o nome non parece na lista. Compáranse a candidatura actual e a anterior, e para cada candidato e candidata, anótase a diferencia de posto entre unha e outra, dividindo ó final a suma pola máxima diferencia posible (que non renovara ningunha persoa na candidatura). Iso dá un número entre 0, que indicaría que as candidaturas son idénticas, e 1, que daría conta de que a candidatura é totalmente nova. Se aplicamos o dito á única candidatura que polo momento foi dada, a presentada polo PSdeG-PSOE, temos o seguinte:
Ningún comentario:
Publicar un comentario