20230323

Índice de renovación de candidaturas municipais en Vilalba (II)

 

Índice de renovación de candidaturas municipais en Vilalba

    Avisado de que a candidatura de Vilalba Aberta se dera a coñecer xa hai tempo, fago unha segunda edición do índice de renovación de candidatura, coas dúas candidaturas coñecidas, lembrando  lembrando como está definido:

    O 'Índice de Renovación de Candidaturas', IRC, faise cun cálculo doado: puntúase cada posto dende o 18 (cabeza de lista) a 1 (último posto non suplente), collendo 0 se o nome non parece na lista da candidatura (excluídos suplentes). Compáranse a candidatura actual -neste caso, para as eleccións de 2023- e a anterior -neste caso, a candidatura para as eleccións de 2019-, e para cada candidato e candidata que apareza -nunha ou nas dúas-, anótase a diferencia de posto entre unha e outra, dividindo ó final a suma pola máxima diferencia posible (a que resultaría se non renovara ningunha persoa na candidatura). Iso dá un número entre 0, que indicaría que as candidaturas son idénticas, e 1, que daría conta de que a candidatura é totalmente nova. Se aplicamos o dito ás candidaturas presentadas polo momento foi dada, PSdeG-PSOE e Vilalba Aberta, temos o seguinte:

* PSdeG-PSOE:


* Vilalba Aberta (VA)

    Os resultados final dan un IRC de 0,44 para PSdeG-PSOE e 0,73 para VA. No primeiro caso indicaría unha candidatura máis ben de continuidade, pero cunha renovación importante, dando así unha idea do que podería ser a liña do próximo mandato, caso de seguir na alcaldía. No segundo caso, VA, indicaría unha candidatura máis renovada, como parece máis lóxico ó tentar conseguir mellores resultados que nas eleccións anteriores, xa que a que a que a metade dos compoñentes non estiveran na proposta de 2019 hai que engadir os cambios de posición dalgúns dos que si que estaban.
    Cando se presenten as outras candidaturas, tentarei facer o mesmo, ata unha entrada para o conxunto, podendo así comparar os IRC, a renovación ou continuidade, das diferentes candidaturas.

Ningún comentario: