20230330

Pleno o 4 de abril

    Hoxe pode verse na sede electrónica do concello de Ribadeo a convocatoria dun pleno ordinario para o día 4 de abril. Embaixo deixo os puntos da orde do día e a convocatoria en formato .jpg, coido que a mera lectura algún dos puntos dá información de cousas que están a pasar en Ribadeo

1.- Aprobación se procede das actas anteriores Ordinaria de 16 de febreiro de 2023 e extraordinarias urxentes de 17 de marzo de 2023 (dúas) e 21 de marzo de 2023.
2.-Expediente núm. 765/2023 relativo á liquidación do Orzamento de 2022. Dación de conta
3.-Expediente núm. 1336/2023 modificación orzamentaria 15/2023 mediante suplemento de crédito 1/2023.
4.-Expediente núm. 1267/2023 relativo á Recoñecemento extraxudicial de crédito 01/2023.
5.-Expediente núm.1348/2023 modificación orzamentaria 16/2023 mediante suplemento de crédito 2/2023.
6.- Expediente núm. 3061/2022 de modificación puntual do PXOM para os terreos dun novo centro de saúde en Ribadeo.
7.-Expediente núm. 1071/2023 relativo a reparo na contratación de subministro e instalación de persianas na Praza de Abastos.
8.- Expediente núm. 1357/2023, modificación 17/2023 por trasnferencia de crédito entre distintas áreas de gasto.
9.-Expediente núm. 3062/2022, sobre finalidades das operacións de endebedamento.
10.-Expediente núm.1419/2023 sobre mantemento do servizo de augas co concesionario VIAQUA por seis meses.
11.-Control dos órganos da Corporación (art. 46.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril):
    a) Expediente nº 485/2019 para dación de conta dos Decretos ditados pola Alcaldia-Presidencia entre o 1 de decembro de 2022 e o 31 de xaneiro de 2023. ( Expediente nº 485/2019 )
    b) Mocións:
        b.1.- Do Grupo Popular sobre a estrada ao Faro.
        b.2.- Da Plataforma Vía Galega de apoio á ILP para a restauración do texto fidedigno do himno galego.
    c) Rogos e Preguntas.




Ningún comentario: