De traballos velenosos atravesando a Mariña (e Ribadeo, claro)
Avísanme que na sede electrónica do concello de Ribadeo atópanse dende antonte os seguintes 'papeliños' que comento de xeito somero en baixo:
Documento | Expediente | Procedemento | Categoría | Descrición | Data de Publicación |
---|
EXPOSICION PUBLICA - Traballos Traza de gas de Ribadeo | 1957/2023 | Procedemento Xenérico | Anuncios | ANUNCIO EXPOSICION AO PUBLICO TRABALLOS MANTEMENTO TRAZA DE GAS MARIÑA LUCENSE | 09/05/2023 |
INFORME MEDIDAS PREVENTIVAS TRABALLOS TRAZA DE GAS RIBADEO | 1957/2023 | Procedemento Xenérico | Anuncios | ANUNCIO EXPOSICION AO PUBLICO TRABALLOS MANTEMENTO TRAZA DE GAS MARIÑA LUCENSE | 09/05/2023 |
INFORME TRABALLOS TRAZA DE GAS EN LA MARIÑA-ok | 1957/2023 | Procedemento Xenérico | Anuncios | ANUNCIO EXPOSICION AO PUBLICO TRABALLOS MANTEMENTO TRAZA DE GAS MARIÑA LUCENSE | 09/05/2023 |
O caso ó que se efiren os tre documentos, que en realidade van en conxunto, é a solicitude de "exposición pública durante 10 días de la
información relativa a los trabajos de mantenimiento necesarios y obligatorios de la traza de
GAS RAA-I008 MARIÑA LUCENSE"
Apuntar que os traballos corresponden ó paso do gasoduto, e son 'necesarios e obrigados', o que non quere dicir que se fagan como propón a empresa, Nedgia e a subcontrata, co uso dun produto, TORDONTM STAR que na documentación de produto, entre outras -moitas- cousas (son trinta e tantas páxinas, sumando 300 páxinas entre os tres documentos), especifica:
Ou:
"Indicaciones de peligro : H317 Puede provocar una reacción alérgica en la piel.
H373 Puede provocar daños en el riñón tras exposiciones prolongadas o repetidas.
H410 Muy tóxico para los organismos acuáticos, con efectos duraderos."
En fin, pódese ver mesmo nos planos que acompañan que hai cousas superfluas ou repetidas, pero bótase de menos que 'de oficio' a Xunta non bote atrás as intencións de usar ese veleno, cunha base usada como defoliante na guerra de Vietnam e canceríxeno segundo estudos realizados. Un produto que ten eficacia como herbicida durante meses e efectos canceríxenos durante anos.
En fin, ti mesmo.Que os concellos e a Xunta se poñan as pilas é cousa nosa.
__
Ningún comentario:
Publicar un comentario