20230622

A noite máis curta


    
A pasada foi a noite máis curta deste ano, co que tamén foi o día máis longo. Onte pola tarde produciuse o solsticio de verán, e xa estamos na estación de verán astronómica. No verán meteorolóxico xa levábamos dende comezos de mes, por decreto, que por meteoroloxía a cousa é moito máis variable. A noite de S. Xoán celébrase porque é o día que anoitece máis tarde, de aí as foqueiras para 'axudar' a que o Sol non vaia deixándonos.

    É dicir, a partir de agora, aínda que toquen vir días de altas temperaturas, a nosa mente está preparándose para a diminución de luz, para o inverno. Unha preparación que lembra de lonxe á do parto. Nese caso, nove meses que producen unha transofrmación no corpo da muller. Nestoutro, a transformación é case só psicolóxica. Mais eu sigo a pensar como tería sido o peche pola covid de terse producido seis meses antes ou despois, camiñando o ano cara ó outono. Se xa así houbo unha morea de problemas psicolóxicos, do outro xeito coido que tería sido peor.

    De pronto, sal o Sol entre nubes, a temperatura desta mañá é agradable, e sabemos que aínda queda moito para a noite... Bo día. Desfrutemos do día na medida que poidamos.

Ningún comentario: