20230610

FAI O PARVO OU MORRE. Xosé Carlos Rodríguez Rañón


Two schmucks en Instagram

FAI O PARVO OU MORRE

Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    Coa frase en inglés do título deste artigo (“Schmuck or die”), o barcelonés “Two schmucks” (Dous parvos), a sétima mellor coctelaría do mundo, abriu as súas portas en 2017 e fechounas en 2022 tras a saída de un dos seus tres socios fundadores. Situárase no canalla e xa xentrificado barrio do Raval nun antigo local de comida mexicana que redecoraron persoalmente con materiais reciclados. Púxose de moda entre os hipsters americanizados, amantes dos cócteles estrafalarios, dos menús sibaritas e veganos e da decoración retro-vintage. A súa sona comezou a medrar e iso atraeu especuladores estranxeiros (como osos ao mel ou moscas á merda) pertencentes a grupos de investimentos voitres con sé en paradisos fiscais e conexións rusas que o levaron primeiro aos ceos da gloria e finalmente aos infernos da derrota. Na porta do local, alguén escribiu ao fechar “Two schmucks is dead” (O “Dous parvos” morreu).

    Está visto que se pode morrer (por facer o parvo) de éxito ou de fracaso. Na hostelaría mariñá e luguesa (sen ter que dar nomes) hai algún que outro sonoro exemplo. Tomen boa nota o resto.

Ningún comentario: