O pasado sábado fíxose a homenaxe ós irmáns Coira coa adicación do XVII Hectómetro Literario no Paseo dos soños de Vilalba. Con ese motivo comecei a argallar un artigo na Galipedia, do que, a falta dunha entrada adicada de xeito específico ó acto do sábado, recollo:
O Paseo dos soños é unha zona do paseo fluvial de Vilalba, á beira do río Magdalena, na que se levan poñendo fitos conmemorativos da labor de chairegos destacados dende o ano 2006, a razón dun fito por ano. Cada fito vén denominado como 'Hectómetro literario'. A Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos, en colaboración co Concello de Vilalba, levan a cabo a organización.
Hectómetros literarios
Ata o momento, os Hectómetros literarios e a súa adicación son os seguintes:
I.- Paco Martín (Francisco Martín Iglesias) (2006)
II.- Manuel María Fernández Teixeiro (2007)
III.- Agustín Fernández Paz (2008)
IV.- Xabier P. DoCampo (Francisco Xavier Puente Docampo) (2009)
V.- Darío Xohán Cabana (2010)
VI.- Xosé Manuel Carballo Ferreiro (2011)
VII.- Margarita Ledo Andión (2012)
VIII.- Xesús Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro (2013)
IX.- Xosé Chao Rego (2014)
X.- Ramón Luis Chao Rego (2015)
XI.- Xulio Xiz (Julio Modesto Giz Ramil) (2016)
XII.- Mini e Mero (2017)
XIII.- Alfonso Blanco Torrado (2019)
XIV.- Miguel Anxo Fernán-Vello (2020)
XV.- Víctor Corral (2021)
XVI.- Sonia Villapol Salgado (2022)
XVII.- Irmáns Coira (Pepe, Carlos e Jorge) (2023)
A adicación de cada hectómetro levou consigo un pequeno encontro arredor da obra da persoa ou persoas homenaxeadas no Muíño do Rañego, paseo da comitiva acompañada de xeito musical ata o lugar do novo fito, e a adicación en si.
Ningún comentario:
Publicar un comentario