20230618

Unha curiosidade sobre a vela latina na ría de Ribadeo

Unha curiosidade sobre a vela latina na ría de Ribadeo

 

O único bote de vela latina atracado no porto deportivo pasado 19 de maio ás 6 da tarde.

     Remata de ser publicada, primeiro no BOPA e logo no BOE, unha resolución provinte da Xunta do Principado de Asturias pola que se incoa expediente para a declaración dos oficios e saberes relacionados co bote de vela latina e a práctica da súa navegación na ría de Ribadeo, como Ben de Interese Cultural de carácter inmaterial.

    A notar que, de novo, o nome da ría de Ribadeo brila pola súa ausencia, a pesar do que xa teñen conseguido ó respecto dende a mesma Xunta. Eliminado ese detalle, dicir que ambos textos son idénticos, e ambos interesantes para calquera que teña curiosidade en relación cos botes de vela da ría de Ribadeo.

    Deixo ambas ligazóns, volvendo a advertir que o texto que conteñen é idéntico, e que en ambos casos pode accederse a outros formatos, a máis do pdf:

No BOE: https://boe.es/boe/dias/2023/06/12/pdfs/BOE-A-2023-13948.pdf

No BOPA: https://sede.asturias.es/bopa/2023/03/09/2023-01653.pdf

 

Ningún comentario: