É sabido que o pasado sábado 17 de xuño constituiuse o pleno do concello para o novo período de mandato. Pero tamén que a constitución foi incompleta, polo que deixo aquí a 'nova constitución' que se veu a realizar o pasado martes 11de xullo ó acceder os novos concelleiros do BNG:
Polo PP (Eq. Goberno):
1.Alcalde, Daniel Vega Pérez
2.Conc. Del. Facenda, Cultura e Igualdade, Begoña Sanjurjo Santar
3.Conc. Del. Promoción Económica, Iniciativa
Empresarial, Turismo e Comercio, Marta María Saiz García
4.Conc. Del Recursos Humanos, Seguridade e Atención Cidadá, Montse Seijo Díaz
5.Conc. Del. Medio Rural, Medio Ambiente e Infraestruturas, Diego Dos Santos Rodríguez
6.Conc. Del. Benestar Social, Saúde e Familia, Naría Elena Sierra Pulpeiro
7.Conc. Del. Deportes e Mocidade, Francisco Silvent Silvent Villalba
Polo BNG:
a.Pablo Vizoso Galdo
b.Vicente Castro Reigosa
c.Marcos Villamil Martínez
d.Martín Graña Pérez
e.Raquel Ferreira Álvarez
Polo PSOE
Marta García ReyPara dar nota da incorporación dos novos concelleiros, o BNG emitiu unha nota da que tomo os seus dous últimos parágrafos de presentación:
Martín Graña Pérez (Piñeira, Ribadeo) é graduado en Historia e está a rematar a carreira de Dereito. Foi presidente da comisión de festas da Patroa e é secretario da comunidade de montes de Piñeira (Os Chaos). Persoa moi coñecida e moi activa no ámbito da mocidade, ten demostrado na súa curta existencia grande capacidade de formación e traballo.
Raquel Ferreira Álvarez (Ribadeo) é enfermeira no Hospital da Costa. Coñecedora das necesidades da sanidade pública e dos servizos sociais e da falta de recursos coa que ten que afrontar o seu cometido cada día poderá achegar a súa experiencia no eido socio-sanitario á vida municipal ribadense.
Ningún comentario:
Publicar un comentario