Como antes do Ribadeo Indiano os xornais deron tanta información como a que podo dispoñer e comunicar, considero que a pesar de terme comprometido á confidencialidade e por iso yer atrasado días a publicación, xa podo publicar a reportaxe fotográfica da exhumación dos dous corpos. Presumiblemente, pertencentes a Manuel Mon Miranda, carabinero burelés de 44 anos de servizo en Ribadeo ó comezar a sublevación, e Justo Fernández Suárez, 'Galochía', condutor de Vilaronte residente na Veiga de 26 anos, morto nunha detención na estrada en Covelas o 23 de xullo de 1936 cando viña camiño de Ribadeo. A notar que ambos teñen xa entrada na Galipedia, á que ligo. Falta o estudo de comprobación (ADN, que se fará en Ponferrada) para ver se efectivamente son ou non eles, se ben a descuberta dunha chapa de carabineiro e as botas nun dos enterramentos fan unha clara indicación de que así é.
As fotos están feitas por min exceptuando as que me pasou Matilde González, Mati.
Fotos tomadas o primeiro día á mañá:
A carpa instalada e retirada de terra máis superficial Como se ve, está situada nunha zona do cemiterio sen indicación algunha, unha zona común da que só se ten constancia da súa distribución polo rexistro atopado no concello:
Primeiro rectángulo delimitado para escavar:
Primeiro día á tarde:
As pescudas van lentas, sábese que en calquera momento poden aparecer restos, que son fráxiles, e quedar destruídos ó remover a terra.
Despexando de terra coa brocha.
Co traballo de cepillado, agora xa se ve aparecer de xeito claro un óso:
E, no outro oco, unha sola de bota.
Agora un novo cepillado indica un segundo óso, outro fémur:
Os dous fémures son xa totalmente visibles.
Os restos da bota son xa máis claros.
Segundo día á mañá:
Cando chego, xa están protexidas: só falta levantar o restos, para o que se espera o consentemento das familias.
Un esqueleto enteiro. O cránio xa se vía fendido en fotos anteriores.
As fotos restantes son do entorno, para ter constancia tamén visual de que hai un xeito de facer as cousas, unha perparación, un método, que non se fai ó tun tun.
Fai falta tamizar a terra para que non se escapen restos entre ela (foto de M.G.)
Cando a escavación prosegue, a terra removida aumenta. Os enterramentos na zona común de Ribadeo son dunha certa profundidade.
1 comentario:
Grazas Gregorio por darnos esta informacion, xa que
Esperabamos con desexo estos enterramentos, sin xustificacion....
Publicar un comentario