20230812

Recuncho da lectura: Morte accidental dun anarquista


    Recuncho da lecturaMorte accidental dun anarquista

    Morte accidental dun anarquista. Dario Fo, tradución de María Alonso Seisdedos. Editorial Galaxia. ISBN 9788411760126, Vigo 2023.

    De novo, un libro en galego polo que hai que esperar para poder facer comentarios en Goodreads, que non o en censado. Fo deu á luz a obra no 1970, e agora hai tradución ó galego a máis dun artigo só para a obra na Galipedia.

    Teatro que se pode ler como novela, comedia que hai que mirar como traxedia, ou viceversa. Antonte unha coñecida, ó ver que a estaba a ler mentres tiña un tempo de espera, díxome que ela a lera de nova. A resposta que se me veu á cabeza  foi : "É que eu aínda son novo''. Non por idade, mais é unha obra que contribúe a esa novidade vital, a revitalizar, ó descubrir (ou redescubrir) unha parte do funcionamento da sociedade-estado como estrutura con lacras diversas. En certa forma, lembroume ó Pequeno príncipe, unha obra que se pode ler con proveito con diferentes miradas e tamén a diferentes idades.

    Recoméndoa como un dos mellores libros que teño lido. Algo que non sería posible tampouco sen un recoñecemento pola tradución.

Ningún comentario: