20230818

Soldos e privilexios. Pablo Mosquera

    Deixo un artigo de Pablo Mosquera que me lembra algún de José María Rodríguez que teño publicado na recompilación de artigos do seu blog.

Soldos e privilexios

Podo falar sen poñerme colorado. Na miña etapa adicado á política no País dos Vascos sempre mantiven por riba de todo que a miña profesión era ser MÉDICO. Teño catro oposicións no meu expediente profesional. E tíñaas cando decido loitar pola libertdade, democracia e dignidade de ser español nas vascongadas do nacionalismo e o terrorismo.

A miña independencia baseábase en que seguía sendo médico hospitalario -xefe de servicio- así me pagaba o Servicio Vasco de Saúde -Osakidetza- e non o Parlamento Vasco o Foral. Só estiven "liberado" de xullo de 1999 a setembre do 2002, pola miña condición como membro do primeiro Goberno Constitucionalista naquela Euskadi cunha Álava na que pactamos PP, PSE e Unidade Alavesa ser a fronteira ó nacionalismo.

Istos días comparto indignación cos mes colegas. Somos xubilados con 46 anos de cotización á Seguridade Social. Pensionistas que mantemos a nosa dignidade e liberdade como expresivos cidadáns. E afirmo que este país non é sostible nas súas contas, comezando por cantidade de xente vivindo como políticos ou asesores deles nesa lexión que conforman as mesnadas para controlar o denominado voto cautivo.

Na prensa da provincia lucense o domingo 13 de agosto publicitáronse os soldos para todos e cada un dos alcaldes nA Mariña. Sobre os cartos que se reparten sempre hai acordo. É o primeiro, ven a ser: qué hai do meu?. Unha media de 45 000 euros por ano en persoas que na vida privada non foron nada pero acertaron a militar nesas "empresas de poder público" que son os partidos políticos.

Tamén en prensa regixnal publicitaronse os dereitos pasivos que desfrutan ex deputados e ex senadores co nome de protección social dos deputados e senadores -222 beneficiados- de por vida tras ter ocupado escano durante un mínimo de sete años. Débese a un Convenio firmado co Ministerio de Traballo en 1999.

O 30% do gasto que producen os Concellos de España ven dos destinados a pagar ó persoal. Dos que más de nove mil setecentos millóns son pagos ós directivos. Pero non podemos deixar de lado os máis de cinco mil millóns que se pagan ós liberados sindicais.

O mesmo que se esixe e se practica a TRASPARENCIA nas contas da Xefatura do Estado, faise necesario coñecer os privilexios que existen entre Cargos Electos das Asembleas Parlamentares no Estado das Autonomías: Dietas, Cantidades libres de Tributación Fiscal, Dereitos sociais e moi en especial se ditos dereitos afectan ás xubilacións en canto a tempo de cotización e quen paga esas cotizacións á Seguridade Social, Cesantías, Incompatibilidades ou Compatibilidades. O mesmo en canto ós membros dos Gobernos Municipais, Diputacións e Comunidades Autónomas. Ademais de establecer un estudo comparativo entre soldos por Comunidades. Na liña de "Repensar España de Juan Pablo Fusi".

Pablo Mosquera Mata

Ningún comentario: