20230802

Tomando Sol ou non: tomando vida

Tomando Sol ou non: tomando vida

    Horas de descanso ó mediodía.

    Escoito ós paxaros piar polos arredores. Un fondo de fungar venteiro das árbores ó que tamén se superpón o son distinguible dos fugaces aires que acariñan a pel. O mesmo que chega dende as follas que se axitan case ó meu carón.

    O Sol loce e quenta entre as hoxe veloces, fuxidías, nubes que sucan o ceo formando e reformando figuras co seu paso e amoreamento. Ceo cambiante sobre o axitado diferente verde das árbores, dos pastos, do millo plantado, das fabas que medran. Verdes vibrantes co vento, cambiantes nos seus tons coas nubes.

    Unha sombra. Escasa, abonda. Permite o desfrute dos raios que quencen e do aire máis fresco, nunha combinación procurada e que podo cambiar: un pouco máis acó, un pouco máis aló... 

    O corpo pode desfrutar do agora. Das sensacións que os sentidos recollen. E deixalas pasar, quedando cos sentimentos integrados. Alimento natural que fai medrar por dentro.

    Silencio bullangueiro da natureza. Agora mesmo solitario, nin cortado polos tractores traballadores do sustento nin polas desbrozadoras que de maleza fan lugar a ocupar. Como o que fai medrar o alimento, como o que ocupo eu agora mesmo.

    Galicia interior. Interior humano. Verán,

Ningún comentario: