20230916

En Brandán, presentado pola autora, Lucía Ferro

    Chega a segunda novela de Lucía Ferro, 'En Brandán'. A presentación, onde mellor que o sábado 16 de setembro ás 20:00 en Barreiros, na biblioteca pública?

    Lucía Ferro, Lucía Fernández Rodríguez, escritora de 'Resaibo amargo' volve cunha historia onde parece que o burro da portada interpela a quen se achega cunha ollada intelixente, como demandando lector ou lectora unha atención debida mais que prestada.

    A máis de novelistas, escribe, en galego e en inglés, intervencións curtas das que moitas están publicadas na rede.

Ningún comentario: