A través de Ángel Alda remata de chegar a min unha ferramenta que coido que a moita xente lle gustará ao menos para darlle unha ollada, polo que decidín facer unha pequena entrada con esa causa.
A ferramenta é a que dá acceso á colección de mapas de David Rumsey, e a mellor explicación de uso é probala. No caso de Ribadeo, a través dos 286 mapas que contén para a referencia. No caso de Vilalba, máis de 500, pero ó contrario de Ribadeo, con nome único, 'Vilalba' ou 'Villalba' hai uns cantos, e a maioría dos mapas non pertencen a Vilalba de Galicia.
Captura de pantalla |
Ningún comentario:
Publicar un comentario