Carlos Oroza, por Acidia, collido de https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Carlos_Oroza.jpg con lic. CC BY SA 4.0 |
“ORÓZAME”
O pasado mes de marzo, e coincidindo co Día Mundial da Poesía, celebrouse unha viguesa homenaxe ao poeta galego en castelán Carlos Oroza (Viveiro 1923-Vigo 2015), do que se conmemora o centenario do seu nacemento. O recordatorio correu a cargo de Ignacio Gómez de Liaño, amigo persoal e o seu primeiro editor. De Oroza descatou a súa poesía da rúa e revulsiva así como o seu alento poético que non proviña dos libros, mais da vida. A súa poética non residía no papel. Estaba inserida na súa gorxa, por non dicir na súa propia cachola. Lémbrao como un afrancesado poeta paseante ( ou “flâneur”), amante dos madrileños cafés (o Comercial, o Lyon ou o Gijón) e de influencias anglosaxoas e centroeuropeas (Rilke, Elliot ou Joyce), interesado nunha poesía medio surrealista, experimental, visual, cristalina, límpida, coloquial (lonxe de afectados academicismos) e, ao mesmo tempo, profunda e insondábel, cun fondo pouso existencial, moi na liña de Allen Ginsberg ou de William Burroughs e de toda a xeración Beat de moderna cerna estadounidense, encandilada cos mass-media e, á vez, co malditismo do individualismo misántropo, por moi incongruente que pareza.
O seu hetéreo e vaporoso poema “Évame” xa é ferreamente pétreo sobre as laxes da céntrica Rúa do Príncipe da cidade olívica por el, quen foi súbdito confeso de todos os subtís versos principescos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario