20230909

Os nomes e apelidos de Ribadeo

 Aló polo 2015 fixera un estudo sobre os nomes e apelidos en Ribadeo. Pasados anos, recollo as últimas estatísticas dispoñibles na rede (do 1 de xulo de 2021) para poñer os datos máis actuais.

    A primeira imaxe é o número de persoas cun certo apelido (de primeiro, de segundo ou de ambos), contabilizando só os apelidos máis numerosos e poñendo o número total nunha columna e na seginte, o número por milleiro de ribadenses. A notar que ó habeer por exemplo, varias persoas que se apelidan 'Fernández Fernández', a suma do número dos que levan Fernández como primeiro apelido (847) e os que o levan como segundo apelido (851) é maior que o que aparece na columna 'indistinto', 1597, do que ademáis se pode deducir que hai 101 persoas que o levan de primeiro e segundo (pois 847 + 851 = 1698, e 1698 - 1597 = 101). De igual xeito, non hai ningún 'Lastra Lastra' pois o número de persoas que teñen Lastra como primeiro apelido máis o número de persoas que o teñen como segundo dá o número total (33 + 50 = 83):

    A segunda é a táboa co número de persoas que teñen un determinado nome, para as vintecinco cantidades máis avultadas de nomes de mulleres e homes. A destacar que aparecen contabilizando diferente María del Carmen, Carmen e María Carmen, por exemplo, co que o número das persoas que como algún dos nomes levan 'María', ou 'José', é abondo maior que o número que aparece na fila 'María' ou 'José'. Obsérvase que os nomes de home están máis concentrados, é dicir, hai máis cantidade de cada un, mentres os de mulleres son máis diversos (sempre tendo en conta o explicado sobre nomes compostos)
    As imaxes de abaixo son as gráficas que corresponden ás táboas anteriores:

    Como se pode observar e era de esperar, a variación en apelidos en relación ó 2015 é moi pequena, menor que a variación en nomes.

Ningún comentario: