Remata de haber unha manifestación no peirao das Figueiras, onde se pretende o novo atentado contra a ría, contra todos. Leuse un comunicado e deixo en baixo algunha foto dalgúns momentos. Polo momento, o proxecto está aí, pero comezaron as obras. Esta non será a última vez. E se quedan dúbidas sobre o que representa e o que se fixo ata o momento, no blog continuará a información contra a falta dela, pero tamén contra a desinformación. Hoxe fomos máis de 150 persoas, unha vintena no tesón (as letras 'Muro no' seguirán alí ata a suba da marea) e utras tantas navegando arredor del. Greenpeace prestou o seu apoio, houbo recollida de sinaturas e, para remate festivo para quen quixera, empanada.
20231014
Deixar que a ría se convirta en río?
Iso é o que implican os plans sucesivos para comer terreo e desviar correntes na ría de Ribadeo. Hai moitos anos comezou a construción de peiraos, primeiro humildes, logo máis agresivos, que máis adiante se sobremontaron coa realización de paseos marítimos como o de Ribadeo e espolóns, recheos que botan a liña de litoral más ó centro da ría, apropiación privada de terreos para radas ou de elementos senlleiros como o faro da Illa Pancha, ampliación deses espazo gañados ó mar e privatizados... mentres que o leito da ría da acubillo a tubos de desaugue (cando non a desaugue, a secas) e a superficie vese axitada e expropiada por embarcacións en moitos casos sen lei no seu movemento. Figuras de protección en teoría a protexen, pero mesmo a falta de realización do PORNA xa indica que se quedan en letra mollada, sen aplicación. Dragado tras dragado, a ría cada vez ten máis impedimento ó movemento de augas e acumula máis area, cambiando os tesóns dun xeito observable con detalle visual ou fotográfico por moito que pareza un cambio imperceptible ante miradas indolentes. E seguimos. A última, o proxecto de construción dun muro nas Figueiras para facer fixo o actual pantalán de paso que se mete máis na ría, poder tirar o muro actual para liberar espazo interno de atraque e achicar un pouco máis a ría, que o importante parecen ser os alugueres de praza no náutico e non o medio de todos.
Etiquetas:
ría
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario