Onte houbo un pleno 'extraordinario' e 'urxente' en Ribadeo. A convocatoria foi subida á sede electrónica do concello o mesmo día da súa sinatura, o día anterior ó pleno:
Se se mira algo máis abaixo na mesma sede electrónica, verase outro documento colgado o día anterior a que o fora a convocatoria. Este:
Para resumir, nel o concello dispón un período de 5 días a partir do aviso para que a xente -nós- dé opinión. Sobre que? Sobre as tarifas que se trataría no pleno convocado o día seguinte para o outro día máis, é dicir, dous días despois. E por que a petición? Pois seguindo un procedemento administrativo para a participación cidadá. É dicir, en cumprimento das normas.
Evidentemente, as normas foron incumpridas. É un paso adiante a difusión pública da convocatoria dos plenos, que esperemos que esta vez se manteña, a pesar de que no ordinario de poucos días antes non se fixo así. Pero chama a atención o querer quedar ben coa normativa á vez que se incumpre. Non é nada novo, de feito o que non fora denunciado pola oposición só pode tomarse por un indicador máis da súa normalidade. Tampouco coido que sexa dos casos máis graves. Pero non deixa de ser un incumprimento democrático, e sobre todo, unha vez máis, un ir en contra da participación cidadá.
1 comentario:
'Grazas, Antonio. Moi ilustrativo'
. Evaristo Lombardero
Publicar un comentario