"Salvar a ría é cousa de todos", e alusión de que a todos nos afecta e polo tanto todos debemos actuar, ten tanto sentido como "salvar a ría, é cousa de todos", en alusión a que a ría é de todos. E sería o mesmo seguramente noutra ría, pero refírese á nosa, a ría de Ribadeo, entre Asturias e Galicia, o Cantábrico e o Eo. O título diríxese á nosa ría e a ambos sentidos, e ven dado pola charla informativa que terá lugar mércores 28 ás sete da tarde na casa do Viejo Pancho, en Ribadeo.
Deixo o cartel feito por Thaïs Eineberholm e un par de comentarios a modo de resume:
Nas Figueiras xa leva habido varios actos semellantes a este ou doutro tipo, convocados pola veciñanza agrupada en BioEo, contra o novo ataque á ría, esta vez co proxecto dunha escollera.
Como avance, os argumentos pódense resumir en cinco:
-impacto medioambiental («viola todas as figuras de protección da ría)
- nova diminución da ría, con modificación de correntes e imposicións de novos e máis frecuentes dragados
- privatización do porto das Figueiras deixándoo en mans dalgunha xente con embarcación
- obra innecesaria (máis aínda enfrontada a outras necesidades más acuciantes ás que se poderían adicar os catro millóns de euros previstos para aumentar uns vinte amarres.
- gran impacto visual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario