20231210

Cando "Un home anuncia que deixará a bebida para 2050"

Paisanos de Friburgo na Taberna. Obra de François Louis Jaques, no D.P.

    Remato de ler unha publicación (de outubro de 2021) aquí. A cousa vai de ironía e visión do futuro. Tentarei facer unha tradución rápida (a ter en conta que ten xa dous anos) apoiada nun tradutor:

    Un home anuncia que deixará a bebida para 2050

    Un home de Sydney fixouse un obxectivo ambicioso para eliminar gradualmente o seu consumo de alcohol nos próximos 29 anos. É parte dun plan marabilloso para mellorar a súa saúde.

    O programa prmitirá a Greg Taylor, de 73 anos, seguir bebéndo con normalidade no futuro previsible, antes de reducir o consumo en 2049, cando cumpra 101 anos. Asegurou aos seus amigos que o plan non afectará ó seu consumo a curto ou medio prazo.

    Taylor dixo que era importante non apresurar o cambio ás bebidas non alcohólicas. "Non é realista pasar a cero alcol dun día para outro. Isto require un enfoque constante e escalonado onde nada importante cambie durante moito tmpo", dixo, e engadiu que quizáis teña que facer investimentos adicionais no consumo de cervexa a curto prazo, para asegurarse de que ningunha saída nocturna sexa peor.

    Taylor tamén poderá adiantar os créditos de consumo obtidos polos días que non bebeu nos últimos corenta anos, o que significa que a data de finalización real do consumo pode vir sendo 2060.

    Para axudar na transición, Taylor comprou unha segunda neveira de cervexa, a que describe como o método de "captura e almacenamento". 

    Substiúe cervexa por petróleo, e ó tal Greg polos mandatarios (e coido que moitos dos mandados mundiais, ou sexa, tamén alguén coma ti ou eu), e ... saca consecuencias dos diversos cumios mundiais sobre o clima e os seus grandilocuentes anuncios de acordos, o último a piques de difundirse cando escribo isto.

Ningún comentario: