20240104

As notas do concello no 2023

    As notas do concello, que chegan ós medios por axencia e se colgan na súa páxina web, son un importante medio de dirección da atención polo concello, pero non son o único medio de comunicación que ten a institución. De feito, cousas importantes, como convocatorias ou as súas resolucións, non soen saír nas notas emitidas, senón que se ven de xeito único na sede electrónica.

    No 2023 as notas do concello seguiron a medrar en cantidade. Como estaba previsto, sobrepasaron as 450: o seu número final foi 453 notas no conxunto dos 365 días do ano, o que fai unha media de máis de 1,24 notas ó día, incluídos festivos, como pode observarse na gráfica comparativa que deixo en baixo. De feito, unha das cousas que se observa nela é que o pasado ano emitíronse unhas 200 notas máis que hai dez anos, é dicir, achegándose ó dobre das contadas daquela.

    A ter en conta que este ano pasado, 2023, houbo un cambio de goberno, emitindo relativamente máis notas o goberno anterior que o actual. Este último, a pesar de ser novo no tema, emitiu notas ó mesmo ritmo que na segunda parte do pasado ano, polo que é previsible que a cantidade diaria siga a medrar e o próximo período anual, 2024, obteña unha nova marca histórica que supere á do exercicio pasado de 2023.


 

Ningún comentario: