20240129

Ence e o porto de Ribadeo.

    Non é a primeira vez -nin será a última- que sae a relocer o convenio Xunta-Ence a conto das cargas do porto en Ribadeo, da redución de prezos ad hoc, as contraposicións que hai... Fágome eco en comentala, da última nova, de hoxe mesmo, recibida por telegram e que reproduzo tal como me chegou:

A Xunta prorrogará o convenio co que rebaixa taxas a Ence no Porto de Ribadeo desde 2011. Coa ameaza de que a empresa levaría a súa produción de Navia en tren ao porto de Xixón, Feijóo defendera perdoarlle impostos ata 2020, pero malia que a liña férrea quedou paralizada o acordo foi renovado catro anos e agora será ampliado de novo. https://praza.gal/politica/a-xunta-prorrogara-o-convenio-co-que-rebaixa-taxas-a-ence-no-porto-de-ribadeo-desde-2011


 

Ningún comentario: