20240112

Julio de Lazúrtegui, Lois Tobío...

Os Principia de Newton, obra no Dominio Público

Julio de Lazúrtegui, Lois Tobío...

    En Ribadeo, quen non escoitou nunca nomear a Julio de Lazúrtegui? Ben, é posible que xente abondo, pero non por oportunidades ou falta de influenza: os seus estudos e decisións marcaron a vida de Ribadeo na primeira metado de século XX, coa construción e funcionamento do ferrocarril mineiro Ribadeo - Vilaoudriz.

    Pero estas letras veñen a outra cousa. Como tódolos anos, a comezos de ano, pasa ó Dominio Púbico a obra de tódolos autores mortos (lexislación española) 80 anos antes. É dicir, neste caso, en 1943. Iso inclúe, entre outros, a Julio Lazúrtegui, Lois Tobío ou Basilio Álvarez. Quen se pase pola páxina de Wikimedia Commons sobre o tema atopará que no listado aparecen portugueses e españois, e que os portugueses morreron dez anos despois que os españois: Portugal dispón na súa lexislación de 70 anos de privacidade da obra despois da morte, mentres España dispón que sexan 80.

    A entrada dunha obra no Dominio Público (DP) ven a ser equivalente a efectos prácticos, a podela reproducir ou traducir libremente sen pago de taxas aínda que se cobre polo produto. A cousa pode ser un pouco máis complicada (por exemplo, as traducións non dependen só do autor orixinal, senón tamén do tradutor), e quen queira saber máis, teña máis interese, etc, pode, a máis da ligazón que puxen antes, procurar máis información na páxina de Creative Commons coa súa licenza CC0 (un xeito de licenciar en DP), aquí ou aquí.

Ningún comentario: