20240224

As eleccións ao Parlamento de Galicia 2024 en Vilalba

    Pasaron as eleccións ao Parlamento de Galicia 2024. A estras alturas aínda non están os resultados definitivos, mais xa 'case' se deixou de comentar sobre os avatares electorais. É mais, tratándose dunhas eleccións a nivel Galicia, en xeral tense comentado pouco o que pasou en cada concello e sección. Nese sentido vai esta entrada, para deixar uns poucos datos sobre os resultados electorais en Vilalba, que moi posiblemente terán os partidos políticos, sen ilustracións, pero non a cidadanía.

    Así comezo por explicitar cales son as seccións electorais nas que se divide o concello, en dous mapas. O primeiro redúcese ó entorno do pobo, podendo especificar as seccións na vila, de pequeno tamaño en canto a superficie, mentres que o segundo abrangue toda a superficie do concello.

    Un terceito mapa é a división parroquial de Vilalba, para que se poda axustar a que corresponde cada unha das seccións.

Seccións censais na vila.


Seccións censais na zona rural

Parroquias

    E os resultados, comezando polo xeral:

    Pode observarse o descenso de electores, correspondente coa diminución da poboación, e, en 2024, o aumento de votantes pola mobilización que nestas eleccions se levou a cabo.
    Dos catro partidos que pasaron de 100 votos en ambas eleccións (2020 e 2024), o único que baixou en votos obtidos foi o partido socialista. O que, porcentualmente, subiu máis, o BNG, e, en tremos absolutos, o PP.
    A táboa resume os datos principais...

    E estoutra, que, a máis de Sumar, posto a modo de comparación, o único partido que ten máis peso na zona da vila que na zona rural é o BNG, sendo os votos de PP e PSde G proporcionais ó censo en cada área, e a excepción de Vox, con maior importancia na zona rural.

    Distribuídos por seccións censais, os datos proporcionan esta táboa, na que as seccións censais da vila aparecen en negriña cusriva. Nela paprecen os cinco partidos máis votados e a porcentaxe de abstención en cada sección censal:

    Nela podemos observar que as seccións da vila teñen en conxunto unha abstención maior que as do rural, aínda que non haxa moita diferencia (no conxunto)

    Os datos anteriores poden traducirse en gráficas:

    
    A anterior é a gráfica onde se representa, por sección censal, as porcentaxes de votos a partidos e abstención.
 

     En fin, moitas máis cousas e gráficas poden dicirse e verse do sucedido en Vilalba nas votacións. Quedan, en todo caso, para outro momento.

     Iso si, se alguén quere máis explicacións dos datos xa postos, cun comentario que se poña, tentarei responder.

Ningún comentario: