20240219

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2024. II.- O día despois. Ribadeo, en groso

    Segunda entrega sobre as eleccións galegas 2024.

    Ribadeo non ten por que votar o que o resto de Galicia. De feito, tense desmarcado e numerosas ocasións. Nesta, a grandes rasgos, as diferenzas son pequenas.

    Como primeira entrega local, unha táboa e un par de gráficos:

    Queda claro xa a ollo nu o aumento de participación, tamén o correspondente aumento de brancos e nulos e que os tres 'partidos grandes tradicionais' en Ribadeo manteñen as súas porcentaxes, o que implica aumento conxunto de votos. O PP aumenta porcentaxe, e o BNG non absorbe os votos da desparecida En Marea. Por outra bada, Vox, como cuarto partido, aínda que marxinal, ten máis votos e o resto de partidos marxinais. Asemade, non deixa de chamar a atención a persistencia de Pacma, no mapa de eleccións dende hai tempo.

    O número de abstencionistas baixou moito, pero non tanto: no 1997 a abstención foi seis puntos porcentuais menos, 600 persoas menos. A lembrar a ligazón que fan os medios entre porcentaxe de abstención nas eleccións e cambio tendencia maioritaria de voto... que desta volta ao menos non acertou demasiado.

    É curioso ver que, coa diminución de abstencions, os tres partidos 'grandes' aumentaron en úmero de votos. Mais está claro que o que máis aumentou foi o PP, recén ganador do concello, por moito que en porcentaxe de votos estea o BNG case á súa altura. En canto ó PSOE, o aumento foi pequeno, non compensando o aumento xeral de votos. Cabe lembrar, neste apartado, que ó comezo da campaña o PSOE comezou pedindo o 'voto útil' da esquerda (o mesmo, pola dereita, que remataría pedindo un PP que se amosab agobiado), ata que se decatou que esa 'utilidade estaba a favor do BNG.
    Hai que ter en conta que non se presentan números de escanos, ó non ser Ribadeo unha provincia. De verse ese número, tamén habería variación respecto ó de votos, polo efecto do chamado 'Sistema D'Hondt' que se usa para a distribución de postos.
    Queda un detalle maior da situación en Ribadeo para outra entrada.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

As porcentaxes de cada partido deberían calcularse con respecto ao número de votantes e non do censo. É unha mágoa...

agremon dixo...

Fixen o cálculo na táboa de arriba. O que non fixen foi a representación. Noutra entrada así o farei.