20240220

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2024. III.- Partidos e parroquias de Ribadeo

    Como todos sabemos, o espazo que conta para o reparto de escanos nas eleccións ao Parlamento Galego é provincial, non local. De calquera xeito, pódese observar as variacións nas preferencias segundo zonas. Deixo en baixo unha táboa (non oficial aínda, de feito hai algún pequeno descadre e falta algún partido moi minoritario) e en base a ela, catro gráficos agrupados por seccións e partido. 

     No primeiro, están detallados os principais partidos e a porcentaxe de votos (non número de votos!) que corresponden a cada sección dentro do concello. Como comparación, as tres columnas da dereita, partidos que nalgunha sección non sacaron ningún voto, presentan a súa columna menos coloreada. Mesmo nalgún caso, dunha soa cor (votos nunha soa sección).

    O segundo gráfico corresponde a outro xeito de presentar o anterior: os votos (non porcentaxe) obtidos por cada partido en cada sección:

    O terceiro corresponde á distribución porcentual de votos en cada sección:
    E o cuarto, outro xeito de presentar os datos do terceiro, corresponde ó número de votos a cada partido en cada sección:
    A táboa de onde se obteñen os datos anteriores especifica as seccións e o seu territorio, que ven reseñado nun mapa xusto en baixo.

    O gráfico a continuación trata doutra materia diferente: a abstención por sección censal. Nel nótase a maior abstención que tivo a vila en relación á zona rural:
    Máis de eleccións.

Ningún comentario: