Despois dunhas eleccións, os intereses diversos fan que algún tipo de gráficas teña máis difusión ca outros. Así, por exemplo, é bastante común presentar as porcentaxes obtidas por cada partido en relación ó conxunto de votos a partidos, en troques de facelo en relación ó conxunto de electores, que dá porcentaxes menores. No caso de Ribadeo, e a pesar da alta participación destes comicios, o voto conxunto a partidos non chega ós 2/3 do total, o que permite, por exemplo, que a porcentaxe de votos do PP (en relación ó conxunto de votos a partidos) sobrepase o 50 %, mentres que en relación ó número de electores quédase reducido ó 35 %. Queda aquí o reparto da 'tarta' electoral en Ribadeo nestas elecións ao Parlamento de Galicia 2024, incluíndo abstencións e votos en branco e nulos:
20240220
Eleccións ao Parlamento de Galicia 2024. IV.- Preferencias e censo de Ribadeo
Etiquetas:
eleccións,
eleccións Galicia 2024
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario