Muller ou non, aquí tes a convocatoria da manifestación do 8M, a programación en Ribadeo e unha nota que poño antes:
"Queremos expresar a nosa posición desvinculante de todas as actividades lúdico-festivas que en torno ao 8M se organizan en diferentes concellos da Mariña: viaxes, xantares populares, concertos, etc... Este Observatorio da Mariña pola Igualdade non vai permitir que se blanqueen as palabras Feminismo, Igualdade e Sororidade nunha data imprescindible para as nosas reivindicacións. Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade CONVOCAMOS UNHA MANIFESTACIÓN FEMINISTA para o próximo venres 8 de marzo ás 20h en Ribadeo baixo o lema “Varrendo o patriarcado” á que animamos a participar a todas as persoas que sintan como súa a necesidade da unidade no movemento feminista mariñán."
Ningún comentario:
Publicar un comentario