Recuncho da lectura: No apartes la mirada del espejo. Non apartes a mirada do espello
No apartes la mirada del espejo. Non apartes a mirada do espello. Ticiana Ghiglione Darriba. ISBN 9788409584383. Ediciones DinaMita. Ribadeo 2024.
Dez historias curtas en dúas versións lingüísticas acompañadas de cadansúa foto coa súa propia historia. Negro (portada, exterior do libro e ideas) sobre branco (follas, interior) cunha adaptación de cor (fotos, salteadas no físico e no psíquico) é a presentación visual que representa tamén moi ben o espírito das historias branco transparente que remata nun (di)fundido a negro despois dun xiro integrado na mesma historia. Unha das últimas verbas do libro é 'entreter'. Para min, a palabra clave.
Ningún comentario:
Publicar un comentario