Sen lembrar o célebre tango, podemos dicir que vinte anos poden ser moito ou moi pouco. Mesmo as dúas cousas ó tempo. O caso é que dende entón, dende o 7 de marzo de 2004, hai 20 anos, veño mantendo un blog. Na realidade, varios ó tempo. Ó comezo, a modo de proba, "Agremon weblog (the galician Pitas page)" sibtitulado "Pensamentos dixitais (Digital thinking)", que quixo ser bilingüe galego-inglés e que durou o tempo de experimentación. Como estaba a mediados de xuño dese ano 2004 está recollido no 'Internet Archive' e pódese acceder a partir da ligazón https://web.archive.org/web/20040614120812/http://agremon.pitas.com/.
A plataforma na que mantiña o blog, pitas.com, tiña varias eivas en relación a outras. Por exemplo, non podía incluír imaxes. Iso motivou que un ano máis tarde tivera lugar o nacemento deste blog que estás a ler agora, que cambiou de apariencia dende entón, pero sobre todo, sumou artigos: hoxe máis de 8000. Iso, ó tempo que convivía con outros abondo menos prolíficos como FQRibadeo ou Tentando educar.
Así que, vinte anos despois, preto de dous millóns de visitas polo medio, aquí sigo. Esperando que sirva.
1 comentario:
Pues claro que sirve. Tu perseverancia tiene mucho mérito. Un abrazo
Publicar un comentario