20240602

Concentración pola paz, Ribadeo domingo 20240602

    Algo máis de trinta persoas nos achegamos á concentración pola paz deste domingo no que ó pouco de rematar, pasou por diante a procesión do Corpus Christi. Unhas verbas de Evaristo, unha pequena información miña e logo, actuación de 'A compañía dos nenos enormes'.

    Deixo unha foto previa ó comezo, a gravación das nosas verbas e o vídeo da actuación. Tamén se lembrou que o próximo domingo a concentración terá lugar na outra beira do Cantón, por mor das votacións nas eleccións europeas.




Ningún comentario: