20240708

Recuncho da lectura: Lady Susan

 


Recuncho da lectura: Lady Susan

     Lady Susan. Jane Austen. ISBN 9788412807523. Editorial Hugin e Munin. Santiago de Compostela 2024. 149 px.

    Para min, foi o primeiro libro de Austen, e teño que confesar que esperaba outra cousa, máis melindroso, diferente. Mais as cartas que constitúen o libro son unha lección de socioloxía e psicoloxía dun mundo que se foi ó tempo que en parte segue entre nós, caracterizado doutro xeito. Cortiño, as reviravoltas da historia-libro poñen de manifesto as entranas da historia-sociedade, aínda que a unha distancia de máis de dous séculos, non podamos aprezar ben ata onde chega a ironía e a parodia e ata onde podería chegar a realidade.

Ningún comentario: