20240818

Hoxe, pola paz

    Hoxe, domingo 18 de agosto de 2024, 12:30 horas, Cantón dos Moreno, Ribadeo, trinta persoas nos congregamos pola paz, incluídos forasteiros e ocasionais, que hoxe os había. Fotos de Suso dan testemuña, e o audio do final lembra algo do que alí se dixo (neste caso, verbas de Jesús Irigoyen e José Ángel Salvatierra, que seguiron ás de Nana, as miñas -das que deixo unha referencia- e de Evaristo Lombardero)





    As miñas verbas foron máis ou menos as seguintes:
    "Hai poucos días atopei un vídeo de só dez segundos no que aparece Noam Chomsky falando e dando unha explicación de como é posible que pase o que está a pasar en Palestina, pero tamén noutros lugares. Di Chomsky:
    'Parte da traxedia dos palestinos é que esencialmente non teñen apoio internacional. por unha boa razón: non teñen riqueza, non teñen poder, así que non teñen dereitos.'
    A raíz diso, estimo que as preguntas non son onde imos así, ou que é o que está a pasar, senón como deixamos que eles leven o timón ou por que o levan así."
    A gravación:

Ningún comentario: