20241004

Un Chío de festas


    Un mes mais, a edición de Chío xa está dispoñible na rede. Este mes, dirixida de novo por Melina López, con verbas de Lucía Ferro ou as festas do San Froilán de fondo e foto de portada. Como outros meses, deixo a ligazón á revista, para ler en rede ou descargar, e aquí en baixo a miña colaboración (en .jpg e texto web):




Festa!. Na terra das festas, só fai falta o primeiro chío

    Comeza por un chío, e pronto, de xeito inmediato, podes estar envolto en chíos de paxaros da mesma bandada. Comezas a falar de festas, e moitas veces, é como se xa estiveras nelas, como se xa estiveras de festa, mergullado no medio da ledicia festeira. Unha sensación agradable que anima. Non sempre é así. Hai outras veces que por calquera razón te dis que oxalá pasara xa a dichosa festa (coñezo a xente abonda que lle pasa coas festas do Nadal, que manteñen con ela unha relación de amor-odio) ou, sinxelamente, que te preguntas que sentido ten unha festa determinada, soen ser festas que non viviches de novo, sentido que soe rematar sendo o de atraer visitas ó pobo para gañar cartos.

    Por outra banda, é xa case un tópico dicir 'as festas xa non son o que foron', a medio camiño entre o manriqueño 'cualquiera tiempo pasado fue mejor' e a nostalxia dos tempos de cando a xente que o di era máis nova. Algo potenciado pola abundancia relativa dos tempos presentes fronte a outros anteriores, onde a máis de menos recursos, as festas eran 'o' recurso onde se condensaba o entretemento. Hoxe en día, nos pobos da costa, non é que haxa festas no verán, senón máis ben que o verán e festa: a máis das tradicionais (o Carme, patronais...), sumáronselle outras novidades festeiras, as de época (indianos en Ribadeo, normanda en Foz, renacentista en Viveiro, Medieval en Mondoñedo...), as de exaltación dunha ou outra comida (comezaron por cousas como o percebe en Rinlo, pero xa pasaron da tortilla e andan polo ovo fritido...), os festivais de música (o Resu, si, pero a día de hoxe, varios en cada pobo)... Haberá xente que lembre aquela canción que dicía 'esta noche hay una fiesta'; a idea pódese trasladar na Mariña hoxe a todo o verán 'e máis aló'. Retomando o título, hoxe o primeiro chío, a primeira chamada á festa, xa está dada, sempre, e as festas encadéanse no tempo cara ó futuro.

    Hai xa tempo (2002), un centro de medias de Ribadeo (IES Porta da Auga), nun proxecto europeo (Festpop), fixo un estudo sobre as festas da zona, publicado co nome de 'As festas populares no entorno ribadense''. Máis de dous decenios despois, retomo de xeito moi breve algunha das (ideas e festas) alí tratadas en comparanza coa actualidade, xunto con algunha outra de doutros lugares da zona, e así, comezo por lembrar un artigo aparecido no 2007 no libro das festas do Carme de Ribadeo, no que Antón Álvarez Sousa titulaba: 'A festa do Carme, de patroa dos mariñeiros a festa turística. Unha chamada á reflexión'. O título é ilustrativo abondo, mesmo fai de máis o que expón en baixo del.

    Outra fonte de curiosidade pola súa evolución son os pregóns do antroido ribadense, algúns accesibles en https://gl.wikisource.org/wiki/Pregóns_Antroido_Ribadeo. Eses seis pregóns alí subidos, que abranguen un período de dez anos, presentan dun xeito lateral o avance, mellor, o cambio, nas festas do antroido ribadense. E dende aquela seguiron a variar, claro! Non exactamente como tentei prever no pregón do ano 1997, pero o certo é que tampouco de xeito tan diferente, como no nacemento de novas máscaras, o uso incrementado da electrónica ou a incógnita da resistencia dunha festa como o antroido fronte á perda da inocencia que medra polo uso de internet.

    Falaba na introdución do libro citado de achegar a 'esencia das festas populares' ás novas xeracións. E é que, sexa filtrada ou non a realidade polo tempo de vida e nacemento de cada quen, o certo é que todos temos consciencia (ás veces, mesmo rebelándonos contra ela) de que o entendemento do mundo vai variando de xeración en xeración como o fai de individuo en individuo. Pois ben, sinxelamente, as festas non son a excepción a ese cambio de percepción. O que significaron para outra xeración anterior xa non o significa, en termos xerais, para a actual. Nin na Mariña nin en ningures.



    Tamén falaba de que as festas son parte integrante da idiosincrasia dun pobo, que non se debe borrar da conciencia popular. E cada vez máis e cada vez menos. Cada vez menos pola interconexión mediática, que nos permite asomar ós xeitos doutros pobos, e, se cadra, copialos. Cada vez máis porque as festas salientan máis entre os últimos recunchos nos que queda o extra de cada pobo.
    Xente, motivo, lugar. Eras tres das premisas básicas que, poñía, toda festa necesita. Que fai toda festa. Pero tamén fai falla organizalas. E hoxe, as comisións de festexos teñen dificultades de renovación por diversos motivos. Dende aqueles lugares nos que sinxelamente non hai xente nova abondo, ós outros nos que as institucións queren facer e desfacer, e usar ó seu antollo as festas, para o que manteñen a comisión nomeada e secuestrada, pasando polos lugares onde as festas son, de moitos xeitos posibles, privatizadas. Ou un conxunto de todo o dito.
    'Cando tratamos de comparar unhas festas con outras, para mostrar o que teñen en común e o seu feito diferencial, o que estamos é poñendo a énfase na cultura do pobo, os medios dos que dispón, o seu xeito de ve-la vida...'. As anteriores son verbas sacadas do capítulo 'Un achegamento ás festas do pobo en Galicia' dese libriño de hai máis de vinte anos. E a cultura do noso pobo, os medios dispoñibles ou o seu xeito de ver a vida cambiou e está a cambiar. Este artigo comeza coa foto duns fogos de artificio sobre a ría de Ribadeo, algo que é popular nas festas tradicionais, e remata con outra de algo que xa é tradicional e que ten variado o sentido das festas dende pequenos, as diversións de pago. Nesa evolución, coa multitude de festas na Mariña, das San Lucas á Maruxaina, pasando polas festas de San Roque ou a romaría de Santa Cruz, cada unha segue a ter o seu aquel, tentando rexeitar o afán unificador da ledicia a nivel mundial, mais unificando as nosas xentes nesa ledicia.


20241003

ALCOA e os seus vertidos vulneran dereitos fundamentais. Pablo Mosquera


 ALCOA e os seus vertidos vulneran dereitos fundamentais

Pablo Mosquera

Teño motivos para sinalar que o problema de ALCOA limítase á relación entre os representantes sindicais dos traballadores relacionados coa fábrica de aluminio e a multinacional con sede lonxe do noso país -Estado-Nación-Comunidade-Rexión-Concellos-Habitantes dun territorio- Esta é a primeira cuestión de trasfondo ideolóxico que debemos corrixir e difundir entre a cidadanía galega e mariña.

Teño todos os motivos para denunciar que houbo e existe unha certa colisión entre o dereito a un emprego estable e cun salario digno e as contas de resultados dunha empresa que, por desgraza, se converteu nun “monocultivo económico” para un territorio con dereitos históricos por razóns ecolóxicas, culturais, consuetudinarias, marítimas. Tal realidade funcionou e segue funcionando como "xestión do medo". "Alcoa somos todos". "Sen Alcoa non hai futuro". "Mariña depende de Alcoa". Renuncio ao meu dereito a protexer a miña saúde para continuar tendo o traballo e os soldos que xera a fábrica de aluminio.

O dito antes foi manipulado, consentido e promovido pola empresa, os seus traballadores e todas as Institucións Políticas e Económicas que operan na Mariña Luguesa. E aínda hai: persoas, cidadáns, colectivos socioculturais, que non se senten representados por tal pensamento e decisión á hora de dimitir ou de elixir. Comecemos atacando un dos temas que non foi suficientemente debatido e divulgado.

O DEREITO HUMANO A UN CONTORNO SAN E EQUILIBRADO. A maioría dos autores que manteñen a existencia deste dereito atopan a súa formulación no Principio 1 da Declaración de Estocolmo sobre o Medio Humano de 1972. «O home ten o dereito fundamental á liberdade, á igualdade e ao goce dunhas condicións de vida adecuadas tal calidade que lles permite levar unha vida digna e gozar de benestar e ten a obriga solemne de protexer e mellorar o medio ambiente para as xeracións presentes e futuras.

Un segundo instrumento xurídico que incorpora o chamado "Dereito a un medio ambiente saudable e ecoloxicamente equilibrado" atópase no artigo 24 da Carta Africana dos Dereitos Humanos e dos Pobos de 1981.

O Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais de 1950 non ten unha disposición especial referida a este “Dereito Humano ao Medio Ambiente”, existen, non obstante, numerosas xurisprudencias e casos referidos ao tema que demostran que, en moitos sentenzas, a Comisión Europea de Dereitos Humanos tende a recoñecer este dereito.

O DEREITO AO MEDIO AMBIENTE É UN DEREITO HUMANO DE TERCEIRA XERACIÓN. Segundo Kiss e Shelton, hai aproximadamente corenta constitucións en todo o mundo que consagran ou teñen unha referencia xeral ao dereito humano ao medio ambiente. En xeral, estas constitucións consagran a idea da protección ambiental como un "dereito humano" e, en consecuencia, o seu cumprimento é responsabilidade dos Estados.

Así, como consecuencia do deterioro ecolóxico, as políticas de desenvolvemento insostibles, a contaminación e a desertización, moitos habitantes do mundo están a migrar e abandonar os seus lugares de residencia habitual para trasladarse a outros lugares, obrigados polo dano ambiental do seu hábitat.

Unha vez máis sobre o dereito á saúde e a identificación de riscos nun territorio determinado cunha poboación que os poderes públicos -Estado e Autonomía- deben protexer, non só asistir cando se declarou a enfermidade. O Sistema de Saúde ten un antes e un despois da enfermidade. O primeiro é EDUCAR PARA A SAÚDE; PREVIR AS CAUSAS DE ENFERMIDADE; IDENTIFICALAS E ELIMINALAS. -Plans de saúde, vixiancia continuada, eliminación integral dos elementos nocivos que sabemos son causantes-

A emisión de gases de efecto invernadoiro en Lugo é "máis que" a media de Galicia. O Observatorio Galego de Acción Climática indica que a cifra vén desencadeada pola actividade do sector primario e de Alcoa en San Ciprián. O último inventario do Ministerio para a Transición Ecolóxica confirma que Lugo, de feito, concentra o 20,9% das emisións brutas de gases causantes do cambio climático en Galicia, con máis de 4 millóns de toneladas fronte ás case 19,5 que conforman o total galego.

O cambio climático provoca un aumento das mortes por calor e das infeccións transmitidas por vectores. Así mesmo, provoca un aumento de afeccións respiratorias como asma, rinosinusitis ou enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC). Tamén é a causa do aumento da incidencia de enfermidades alérxicas, enfermidades cardiovasculares e do número de infartos de miocardio.

E volvemos ao máis urxente. Co medo a que "se están a facer cambios no estanque de lodos vermellos". "Que se está a utilizar a táctica do feito consumado". "Que haxa silencios cómplices".

As investigacións realizadas indican que o lodo vermello presenta as seguintes características: 

- Irritante: Corresponde a residuos que ao aplicarse poden provocar irritacións cutáneas ou lesións oculares. 

- Provoca graves queimaduras na pel e danos oculares graves. 

- Provoca irritación da pel. 

- Provoca irritación ocular grave. 

- Toxicidade específica de órganos diana

- Toxicidade por aspiración: pode provocar irritación das vías respiratorias

- Pode provocar defectos xenéticos

- Carcinóxeno: Corresponde a residuos que inducen cancro ou aumentan a súa incidencia. 

- Mutacións: Corresponde a residuos que poden provocar unha mutación, é dicir, un cambio permanente na cantidade ou estrutura do material xenético dunha célula.

20241002

Por publicar, sobre a paz

    Deixo aquí un texto que tiña que ter xa publicado. Traspapelouse, pero por desgraza non pasou de actualidade. Son as verbas lidas por Jesús Irigoyen na concentración pola paz en Ribadeo o pasado 22 de setembro, que deberan ir xunto coa entrada Quousque tandem abutere, Netanyahu, patientia nostra?. Aquí quedan:

DONDE LO DEJAMOS…ESTO NO ES UNA GUERRA ES UN GENOCIDIO

Y ahora estos malditos israelitas tienen en sus manos un arma indiscriminada, asesina, contra el ser humano, contra todos. Sin duda un arma de destrucción masiva.

Impresionante, esto si es un crimen contra el mundo entero, contra los derechos humanos (DERECHO A LA VIDA), que estos salvajes utilizan donde y cuando quieren.

Están atacando contra la población entera, civiles, y no civiles, indiscriminadamente, quien tenga un móvil o un aparato electrónico es o puede ser victima de su cruel atentado terrorista. Son fascistas y asesinos en estado puro. Hemos de recordar cuando, el 26 de Abril de 1937 los fascistas italianos de la Aviación Legionaria y Legión Cóndor alemana-nazi, bombardearon indiscriminadamente y aniquilaron el pueblo de Guernica, destruyendo todos sus edificios y matando a miles de personas, y dejando miles de heridos, solo para probar los bombardeos indiscriminados a la población civil y las armas más sofisticados de aquel momento, que más adelante utilizarían en la II Guerra Mundial. O sea, armas de destrucción masiva.

También quiero recordad que años más tarde, el 16 de Marzo de 2003, en la cumbre de Azores, se reunían los “valientes, digo cobardes” mandatarios de USA, Gran Bretaña y España (Aznar “el magnifico, el magnifico mentiroso”) y decidieron la invasión de Irak, cuatro días más tarde, porque sabían que Irak tenia armas de destrucción masiva. Resultó que destruyeron Irak, enfrentaron a su población, (circunstancia que continúa y lo hará por muchos años más), y. no había armas de destrucción masiva. Bueno, no pasó nada, pero nada de nada, ni siquiera pidieron perdón.

Canallas, gente canalla y malvada, como nunca, como siempre.

Pues, ahora resulta que Israel, SI TIENE UNA ARMA DE DESTRUCCIÓN MASIVA, esta cosa informática que activa y mata a la gente de modo indiscriminado: un militar, una medica, un maestro, un obrero, un comerciante, un jubilado, una estudiante…, cualquiera que tenga un móvil-bomba en su bolsillo, es o puede ser victima de este cruel atentado terrorista israelí), esto no es otra cosa que una prueba (como la de Gernika -por ejemplo)- de ensayos a mayor escala, en el futuro

Bueno, pues es el momento en que “los valientes, digo cobardes” de la cumbre de las Azores y la propia ONU, (cuyo consejo de Seguridad se reunirá dentro de unos días), y determine que el ejército israelí, tiene armas de destrucción masiva, y debe ser neutralizado y desarmado de inmediato, en aras de la seguridad mundial y ordene la invasión de ese país, el arresto de sus malditos dirigentes, por asesinatos contra la humanidad los ponga a disposición del Tribunal de la Haya y destruya sus terroríficas armas de destrucción masiva, contra la humanidad. O lo hacen ahora o los 8000 millones de personas del planeta, están en manos de los criminales gobernantes israelíes y sus aliados que, sabiéndolo, lo permiten.

Malditos seáis por siempre.

Así y todo, no olvidéis, que desde EL RIO HASTA EL MAR… PLESTINA VENCERÁ. PALESTINA VENCERÁ

Último minuto para reivindicar una vez más el derecho de autodeterminación del pueblo saharaui, sobre su país el SAHARA OCCIDENTAL y contra la invasión del torturador gobierno marroquí.

Jesús Irigoyen


Unha curta


Unha curta

    Circula pola rede unha imaxe libre que representa unha rúa ciclable curta, moi curta, limitada por dúas sinais que a indican como vía para bicicletas a primeira ó comezo e o fin da vía adicada a bicicletas, ó final. Está nos Países Baixos e nin asoma ós dez metros de lonxitude. Circula (a imaxe na rede) como cousa graciosa, con algún comentario como meme na procura de gargallada. Mais coido que non son o único que a ollei de xeito diferente, cun sorriso, si, pero tamén pensando nun lamento e unha explicación. Como ciclista nun país con non moitas vías adicadas ás bicicletas, un lamento de que a ruta sexa tan curta que non de tempo a desfrutala. De feito, a imaxe aparece sen bicicletas rodando por ela, algo que debe ocupar pouco tempo en relación ó total. E, a partir da propia interrogación da imaxe, unha explicación parcial como unha comunicación entre dúas vías con máis tráfico, unha vía que hai que preservar para que as bicicletas non só podan circular senón que lles deixen facelo sen contratempos.

    De calquera xeito, o ver unha imaxe así fai pensar non só na burocracia senón tamén na burrocracia. Na burocracia que levaría a poñer dúas sinais tan xuntas cun custe dunha magnitude equivalente á obra en si (algo semellante ó que aquí se viu en moitos lugares cando os carteis do plan E tras a crise do 2008). E na burrocracia que permitiría dar paso a unha obra así (refírome á posta das sinais, non á obra da propia vía) fronte a outras máis relevantes, de maior aproveitamento, ou fronte á extensión desa obra para un aproveitamento superior. Ou sinxelamente, a que consideraría a necesidade de colocar as dúas sinais.

    No caso das bicicletas, trouxo á miña memoria unha conversa hai abondo máis dun decenio cun concelleiro que me veu a dicir que non tiña interese en poñer carrís bici porque en Europa estaban deixando o tema como algo atrasado, que o que se procuraba era a circulación das bicicletas polas mesmas vías que o resto do tráfico. Non o vin claro en absoluto, pero sen datos a man e ante unha afirmación feita con seguridade por alguén a quen lle supuña máis coñecemento do tema ca min, só puiden expresar as miñas dúbidas. Pero vexo que hoxe, os carrís bici seguen adiante en todos os lugares. Con evolución lenta, si, pero adiante. E, cando hai algún traspés, algunha eliminación de carril, non soe tardar en refacerse con algunha variación, mellora ou extensión. Os carrís bici, polo momento e en xeral, funcionan.

    A vía ciclable da foto que comento será curta e indutora de sorrisos, mais o futuro dese tipo de vías parece longo e serio, e cada vez máis.

20241001

Paz, agora, o domingo, e sempre

    Un novo domingo está convocada unha concentración pola paz en Ribadeo. Dende o domingo pasado, neste tema da paz, Israel seguiu a martillar en Gaza e Cisxordania ou Líbano, e comezou a invasión deste último país. Iso, na 'guerra/xenocidio' que está 'de moda' polos métodos e a impunidade coa que actúan as forzas israelíes co respaldo dos EEUU e a calada da UE. Pero hai máis, comezando pola Ucraína, onde onte mesmo souberon que Rusia comezou unha nova leva de militares...