Unha pequena restitución...
ACTO DE HOMENAXE E ENTREGA DOS RESTOS DE MANUEL MON MIRANDA E JUSTO FERNÁNDEZ SUÁREZ
O día 14 de outubro ás 11 horas no Concello de Ribadeo a Asociación para á Recuperación dá Memoria Histórica (ARMH) procederá á entrega dos restos do carabineiro Manuel Mon Miranda e Justo Fernández Suárez mortos cando entraron as forzas sublevadas en Ribadeo o día 23 de xullo de 1936.
Despois do traballo dos investigadores Miguel Freire Sitjas e Xosé Miguel Suárez Fernández, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) realizou a exhumación dos corpos destas dúas vítimas en xullo de 2023.
O acto de entrega de restos celebrarase o luns 14 de outubro ás 11 horas no salón de actos do Concello de Ribadeo nun acto público coa participación dos alcaldes de Ribadeo e Vegadeo, membros da ARMH, investigadores, veciños e familiares.
O acto estará presentado pola xornalista e investigadora María Valcárcel e a interpretación musical correrá a cargo de Helena López Sampedro.
MANUEL ANTONIO MON MIRANDA, nacido en Luanco (Asturias) Pertencía ao Corpo de Carabineiros con destino en Ribadeo. O 23 de xullo de 1936 foi abatido a tiros polas forzas golpista na rúa Tras da Cerca (hoxe Ibáñez).
JUSTO FERNÁNDEZ SUÁREZ “GALOCHÍA”, era natural de Vilaronte (Foz). Vecino de Vegadeo. O 23 de xullo de 1936 nun automóbil en compañía de dous veciños e un garda municipal acuden dende Vegadeo para axudar a combater aos golpistas en Ribadeo, foi asasinado coa escusa de empuñar armas contra as forzas militares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario