20241023

Necesitamos información, non propaganda. Liberemos a Galega.

    Onte tivo lugar en Ribadeo unha das múltiples recollidas de sinaturas que se están a levar a cabo por toda Galicia para salvar un dos piares informativos que temos. Aquel que noutros tempos fixo brilar o Xabarín e con el, a esperanza. O mesmo medio que leva secuestrado xa tempo, en situación irregular de mando e coa manipulación como bandeira. 35 asociacións fixeron de promotoras e a iniciativa lexislativa popular botou a andar. Que eu saiba, polo momento non ten páxina propia para levar a cabo recollida de sinaturas de xeito telemático, polo que, se queres unirte, terás que asinar en papel, nun dos pregos de recollida de sinaturas que -supoño- pronto se distribuirán por toda Gaicia, a máis das mesas de recollida como a de onte de Ribadeo.

    A falta doutro sistema, deixo en baixo o folleto explicativo en dous formatos para facilirtar a súa lectura en diferentes aparellos e a súa descarga.

Un momento da recollida de sinaturas

 


    E para ver ou descargar dende slideshare:


Ningún comentario: