20241128

Comunicado da Plataforma en defensa das árbores da vila de Ribadeo ás e ós veciñas e veciños


    Adxunto o comunicado:

Comunicado da Plataforma en defensa das árbores da vila de Ribadeo ás e ós veciñas e veciños

    O xoves 28 de novembro tivemos unha xuntanza un grupo veciñal para denunciar a grave situación creada pola poda e corta salvaxe, indiscriminada e innecesaria de gran cantidade de árbores en diferentes zonas do concello, nomeadamente nas estradas do faro e do cemiterio, parque infantil, colexio público, castelo de San Damián, etc.

    Asemade temos coñecemento de novos proxectos do concello para cortas diante das vivendas sociais e no parque municipal, no parque de San Francisco.

    Diante desta situación que consideramos inaceptable e contraria a un proxecto dun Ribadeo máis habitable e saudable, mesmo contraria á imaxe da vila, decidimos solicitar unha entrevista urxente ao sr. Alcalde de Ribadeo para expoñer o malestar xerado polas cortas realizadas e esixir o pórlles fin. Asemade, convocamos unha concentración da veciñanza para o martes día 3 ás oito da tarde diante do concello, con fin de apoiar a nosa postura.

    Por iso convidamos ó pobo, agrupacións e organizacións sociais, culturais e en xeral a toda a cidadanía a participar en dita concentración.

Ribadeo, 28 de novembro.

--

Noticias anteriores sobre o tema no blog:

https://www.ribadeando.com/2024/11/informe-sucinto-actuacion-no-gregorio.html

https://www.ribadeando.com/2024/11/corta-na-praza.html

 

Ningún comentario: