Recuncho da lectura: Les derniers jours de nos pères
Les derniers jours de nos pères. Jöel Dicker.
ISBN 9782877068963. Editions de Fallois/Poche. Paris 2015. 450
px. (fr.)
Déixase ler marcando o lector o ritmo. Áxil na historia, unha historia longa, sinxelo no seu contala, pero non nas reviravoltas, máis suaves ó comezo pero máis bravas cara ó final. Diría que vai contra o sistema, un sistema que machaca todo canto se sae del en solitario, pero que non pode cando a saída é en grupo. Ó final, queda a dúbida sobre a resolución dunha relación, que aboca ó lector a maquinar unhas cantas horas xusto despois do peche en falso do libro, antes dun epílogo que fai remarcar precisamente a ausencia desas horas. Ben por Dicker.
Ningún comentario:
Publicar un comentario