Antes de comezar o pleno |
Remata o pleno votando contra a lei?
Lembremos: un pleno extraordinario obrigado pola oposición sobre a corta indiscriminada de árbores dos últimos tempos...
O de onte -martes 20250204- foi curioso, si. Un pleno que encara o seu remate do seguinte xeito: pasando de votar as propostas ata que dende o público se pregunta por elas. Un pleno no que logo diso o alcalde continúa falando e dicindo que se está a cumplir a legalidade que piden as propostas, que por fin pasa a votación e o grupo maioritario vota en contra da mesma proposta que remata de ser declarada cumplida e legai por parte do alcalde... (a primeira, paralización inmediata das cortas, entendo que seguiu sen ser votada)
A espera de solucionar problemas técnicos coa reprodución aquí do audio recollido, sigo o resumen do pleno, de xeito rápido: unha vez feita a exposición, longa e detallada, por parte da oposición ó comezo da sesión, o alcalde pasou a lembrar episodios de pasados mandatos ('lexislaturas', segundo el) por un bo tempo, e, do pouco que falou sobre o tema enriba da mesa, a contradicir as súas verbas anteriores -documentadas- e mesmo algunhas das ditas un pouco antes no mesmo pleno para tentar xustificar que todo estaba correcto, axustando que 'eles' (o equipo de goberno, do que só falou el) facían todo ben, e que se algunha vez erraban, non se lles caían os aneis por pedir perdón (ainda sigo esperando que o faiga). Cara ó final, o público interrompeu varias veces ó ver que o alcalde falaba dando voltas sen dicir nada relacionado coa corta indiscriminada de árbores, motivo do pleno.
Pleno de hora e media, con asistencia de 35 persoas de público (con xente de pé), despois de celebrarse nun sitio non anunciado (estaba anunciado para o salón de plenos e celebrouse no de alcaldes por obras no outro), con accesos non ben sinalados (a escaleira principal resultou estar en obras, e o único cartel indicador que puiden ver estaba ó fondo do corredor, á beira das escaleiras que había que usar).
Unha nota final: Hai só poucos días que escribín unha petición para que se colgase na web documentación sobre unha modificación do PXOM afectando a unha zona verde de Ribadeo, que debera estar exposta dende case un mes antes. Pouco despois da petición, púxose. A petición incluía un aviso: se non se pon, non corren os prazos e a votación realizada no pleno non serve de nada... Non citaba na petición a falta de transparencia que o desleixe implicaba. É só un de tantos dos episodios ocurridos ultimamente. Deixo en baixo unha copia parcial do documento de petición:
Ningún comentario:
Publicar un comentario